lunes, 7 de diciembre de 2015

Ante as eleccións do 20-D: Boicot activo.

Ante as eleccións do 20-D: Boicot activo.

Tras catro anos de goberno do PP achéganse unhas novas eleccións xerais. O panorama político está máis caldeado que nunca ante a irrupción de novas forzas políticas, que prometen un cambio respecto ao bipartidismo, mais que realmente mostran día a día que non cuestionan ningún dos principios sobre o que se sustenta este réxime imposto a lume e sangue fai xa case 80 anos: nin República, nin Autodeterminación para os pobos, nin democracia ou dereitos sociais.

Estes dous novos partidos son Ciudadanos, como partido liberal e conservador, a favor das privatizacións, da destrución de todo tipo de conquista obreira e dereito laboral, así como representante do centralismo máis rancio e contrario a todo dereito democrático. E por outra banda Podemos, como suposto partido do cambio, que na Galiza se presenta en coalición con IU e Anova baixo o nome de "En marea".

Podemos, que cambio?

A segunda destas dúas novas forzas nace á calor das eleccións europeas de maio de 2014, presentándose nun inicio como unha posible opción de ruptura coa situación actual, como unha forza cun programa de suposto cambio democrático e que aspiraba a representar os intereses populares. Neste ano e medio foron deixando caer polo camiño a maioría destas reivindicacións para chegar finalmente a afirmar que non se pode facer máis que «una reforma fiscal, defender la desprivatización de la sanidad y defender una educación pública», como afirmou Pablo Iglesias. Nin proceso constituínte, nin un plantexamento claro do dereito á autodeterminación dos pobos ou da cancelación unilateral de débeda, nin absolutamente nada. Por outra banda sitúanse no plano internacional co imperialismo, contra Venezuela e a favor da OTAN. Non só abandonando a saída da OTAN como principio senón incluíndo nas súas listas a un criminal de guerra responsable en España dos bombardeos en Libia contra o Goberno de Gadafi.

Outros dos seus grandes fichaxes son Juan Antonio Delgado e Jose Manuel Gómez Benítez. O primero destes portavoz de la Asociación Unificada de la Guardia Civil, organización que máis dunha vez se ten querellado contra os que denunciaron ser torturados en comisaría ou que defende aos que asasinan inmigrantes nas fronteiras de Ceuta e Melilla. En canto a Jose Manuel Gómez Benítez decir que foi vocal do Consejo General del Poder Judicial de 2008-2013. Con estes fascistas provintes do máis sucio deste réxime dentro do seu partido é como Podemos vai protagonizar un cambio democrático?

Ante a farsa electoral: Boicot activo!

Desta forma consideramos que ante a inexistencia de ningunha opción electoral cun programa democrático e popular así como ante a absoluta ausencia de liberdades políticas e a inutilidade das institucións deste estado para un cambio político é necesario organizar o boicot electoral de cara a desenmascarar este réxime e os seus partidos que non fan máis que mentirnos e facernos falsas promesas. Xa non nos enganan máis, tras xa case 40 anos de pantomimas electorais aquí non cambiou nada; todo dereito que se conquistou neste tempo foi só por medio da loita popular a pé de rúa.

A situación política na que se celebran estas eleccións é lamentable: coa Lei Mordaza, a Lei de Partidos, coas detencións políticas sucedendose semana tras semana, coa existencia de tribunais políticos de excepción, cun estado que nega a lume e sangue o dereito a decidir dos pobos, etc. Pode afirmarse que aquí non hai ningún tipo de democracia.  

Por outra banda temos claro que só na rúa e na conformación dun movemento popular forte atoparemos futuro os traballadores, os estudantes precarios: os de abaixo. Nas institucións deste estado non hai nada que rascar, o poder real de decisión está nos grandes banqueiros e empresarios e non no parlamento, desta forma só poderemos enfrentalos á marxe das suas mascaradas electorais, organizándonos nos centros de traballo e estudo de forma independente e saíndo as rúas protestar.

Chamamos entón a non votar o 20 de decembro, pero non nos quedamos aí. Chamamos ao boicot activo na perspectiva da loita pola República Popular , sacando á rúa un programa verdadeiramente democrático e popular que debe incluir as seguintes reivindicacións:

Non nos representan!
Non votes, organízate e loita!



No hay comentarios:

Publicar un comentario